Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, mediante Decreto do 8 de xuño de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle presentado por Anchousa, S.L. para o establecemento de aliñacións na rúa dos Pedreiros, barrio de Mallón, parroquia de San Pedro.

Durante o prazo dun mes exponse ó público o expediente co obxecto de que poida examinarse o expediente e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes. Ó mesmo tempo acordouse a suspensión das licencias no expresado ámbito, ata a aprobación definitiva.

Nigrán, 15 de xuño de 2001.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde