Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.636

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

APROBACIÓN definitiva do Plan parcial O Baño.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 20 de xullo de 2001, aprobou definitivamente o Plan parcial O Baño.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, os interesados poderán interpor calquera outro recurso que coiden pertinente.

Mugardos, 23 de xullo de 2001.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde