Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por decreto da Alcaldía do 19 de xullo de 2001, o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para a contratación da adquisición de vehículo-varredora, que se expoñen ó público durante 8 días, contados a partir do seguinte ó de publicación este anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presenta reclamacións os que se consideren interesados.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultase necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda. Praza do Reloxo s/n, 36780. Teléfono 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

Obxecto do contrato.

Adquisición de vehículo-varredora.

Tipo de licitación.

8.300.000 pesetas (49.884 euros).

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantías.

Provisional: non existe.

Definitiva: 4% do orzamento.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, das 9 ás 13 horas, excepto sábados e festivos, e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 13 días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG, das nove ás trece horas de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo terceira do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas fose inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

A apertura terá lugar ás 13 horas do día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerase inhábil).

Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 19 de xullo de 2001.

José Luis Alonso Riego

Alcalde