Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de licitación por concurso con procedemento aberto da concesión administrativa para a explotación publicitaria mediante carteleiras de gran formato e outros soportes publicitarios do solo de titularidade municipal.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa para a explotación publicitaria mediante carteleiras de gran formato e outros soportes publicitarios do solo de titularidade municipal.

a) Descrición: a que figura nos pregos.

b) Duración do contrato: 5 anos, prorrogables ata un máximo de 25 anos.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Prezo do contrato: a empresa adxudicataria comprometerase a aboar ó concello unha cantidade mínima de 30.000.000 de pesetas distribuída en cinco anos. De común acordo, as partes revisarán o prezo cada ano, poidendo substituír esta cantidade por servicios ó municipio ou por unha cantidade en metálico e servicios. A forma de pagamento será mensual.

7. Fianza provisional: 50.000 pesetas (300,51 euros).

8. Fianza definitiva: equivalente ó importe de dúas mensualidades.

9. Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo, Negociado de Contratación.

a) Domicilio: Rúa do Concello nº 12, Tarrío-Culleredo.

b) Código postal, localidade: 15189, Culleredo.

c) Provincia: A Coruña.

d) Teléfono: 981 67 77 77.

e) Fax: 981 67 76 46.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.

10. Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio de licitación (BOP ou DOG).

11. Documentación necesaria: a que figura nos pregos.

12. Lugar de presentación: Concello de Culleredo, rexistro xeral de 9 a 13 horas.

13. Apertura de ofertas: en acto público o segundo xoves hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas ás 12 horas. Se fose festivo, trasladarase ó seguinte xoves hábil.

a) Entidade: Concello de Culleredo.

b) Domicilio: Rúa do Concello nº 12, Tarrío.

c) Localidade: Culleredo.

14. Gastos de anuncios: serán pola conta do adxudicatario.

Culleredo, 21 de xuño de 2001.

P.D. (Resolución 22-10-1999,

BOP do 13 de novembro)

Puficiación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio

e Contratación