Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión realizada o día vintenove de maio de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter definitivo un estudio de detalle do cuarteirón nº 6 (Edificación terciaria. Comercial en edificio exclusivo) do Plan Parcial da Área 3 de SUNP no Burgo, presentado pola sociedade Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A. e redactado polos arquitectos José R. Miyar Caridad e Gonzalo Serantes Conchado, que ten por obxeto a reordenación do volume edificatorio sobre a mesma, modificando o estudio de detalle que foi aprobado definitivamente polo Pleno Municipal o día 30 de novembro de 1999.

2. Que se proceda á publicación deste acordo no DOG e no BOP e á súa comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

3. Determinar que este acordo esgota a vía administrativa e pode impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contará desde a súa publicación, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer previamente recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que o adoptou.

Culleredo, 1 de xuño de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo