Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PINO

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Pino.

2. Obxecto do contrato: permuta da parcela nº 176 de San Lourenzo de Pastor.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 1.300.000 pesetas.

5. Garantía provisoria: non se esixe. Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello do Pino. CP: 15821, teléfono: 981 51 10 02, fax: 981 51 11 23.

7. Presentación de ofertas: as proposicións presentaranse cos requisitos establecidos no prego, no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no DOG en horario de nove a trece horas.

8. Apertura de plicas: terá lugar na Casa do Concello na data que oportunamente se notificará.

9. Gastos de anuncios e tributos: serán por conta do adxudicatario.

O Pino, 18 de xuño de 2001.

O alcalde

Rubricado