Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, das obras que se citan. (Clave OH.336.464 e catro máis).

a) Obra.

1. Colector xeral do Rosal e conexión co saneamento da Guarda. (O Rosal, Pontevedra).

Clave: OH.336.464.

Orzamento: cento corenta millóns cincocentas noventa mil cincocentas noventa e catro pesetas (140.590.594 pesetas, equivalente a 844.966,488 euros).

Prazo de execución: 32 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Conducción de auga desde a rede xeral ó depósito existente. (Pontecesures, Pontevedra).

Clave: OH.236.429.

Orzamento: sesenta e seis millóns seiscentas dezaoito mil novecentas sesenta e dúas pesetas (66.618.962 pesetas, equivalente a 400.388,025 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Potabilización e enlace á rede de abastecemento de Viana. (Viana do Bolo, Ourense).

Clave: OH.232.388.

Orzamento: sesenta e cinco millóns de pesetas (65.000.000 de pesetas, equivalente a 390.657,868 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Mellora da EDAR de Soutelo de Montes e Forcarei. (Forcarei, Pontevedra).

Clave: OH.336.469.

Orzamento: vinteseis millóns catrocentas oitenta e nove mil cento tres pesetas (26.489.103 pesetas, equivalente a 159.202,715 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Recollida de pluviais na travesía de Sobrado. (Sobrado, A Coruña).

Clave: OH.315.467.

Orzamento: vintetrés millóns sesenta e sete mil once pesetas (23.067.011 pesetas, equivalente a 138.635,528 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo

autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día dezasete (17) de setembro de 2001.

f) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras indicadas na letra a) do presente anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día vinteoito (28) de setembro de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia