Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, con procedemento aberto, da asistencia técnica de clave OH.436.490/AT.

a) Asistencia técnica.

Asistencia técnica para redacción do estudio informativo e o proxecto de construcción de solucións ós problemas de asolagamentos en Gondomar (Gondomar, Pontevedra).

Clave: OH.436.490/AT.

Orzamento: vintecinco millóns oitocentas setenta e oito mil cento corenta e nove pesetas (25.878.149 pesetas, equivalente a 155.530,808 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b), da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo II, subgrupo 3, categoría A, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

Fianza provisional: cincocentas dezasete mil cincocentas sesenta e tres pesetas (517.563 pesetas, equivalente a 3.110,616 euros).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día dezasete (17) de setembro de 2001.

f) Admisión de variantes.

Os licitadores poden presentar, se o consideran conveniente, unha variante ou alternativa de acordo co indicado no prego de prescricións técnicas (punto 8 do dito prego).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día vinteoito (28) de setembro de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia