De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.
A partir do día seguinte á publicación deste acordo, con base no disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.
Expediente sancionador: Secretaría 144/2000.
Denunciado: Sabel, S.C., Confitería San Roque.
DNI/CIF: G-15691157.
Derradeiro enderezo coñecido: Rúa do Castro, 2, Betanzos.
Cualificación da infracción: leve.
Importe da sanción: 5.000 pesetas.
A Coruña, 18 de maio de 2001.
Manuel Barral Castro
Delegado provincial da Coruña