Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica proposta de resolución do expediente sancionador Secretaría 112/2001 PLA.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Pro

vincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, con base no disposto no artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente sancionador: Secretaría 112/2001 PLA.

Denunciado: Francisco Díaz Sánchez

DNI/CIF:

Derradeiro enderezo coñecido: Juana de Vega, 18, A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: 500.000 pesetas.

A Coruña, 7 de xuño de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña