Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.610

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto, dun contrato de obras para a reforma do cableado de voz e datos e da electrónica de rede do edificio do centro de empresas e innovación do Parque Tecnolóxico de Galicia. (Expediente 4/2001 DXPI).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas

Número de expediente: 4/2001 DXPI

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: execución das obras para a reforma do cableado de voz e datos e da electrónica de rede do edificio do Centro de Empresas e Innovación (CEI) noParque Tecnolóxico de Galicia situado en San Cibrao de Viñas (Ourense)

Prazo de execución: oito semanas desde a data de comprobación do replanteo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.404.501 pesetas (104.603,15 euros), IVE incluído.

5. Clasificación.

Non se esixe

6. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento do contrato (348.090 pesetas; 2.092,06 euros).

7. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admite.

10. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposi

cións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2001

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio