Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.604

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE MARÍN

EDICTO (5/1998).

Carmen Romero Chamorro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Marín, fago saber que no expediente de declaración de herdeiros ab intestato seguido neste xulgado co número 2000005/1998, polo falecemento sen testar de Amable Castro Carballo, ocorrido en Marín o día 21 de agosto de 1965 promovido por Manuel Castro Iglesias, parente en segundo grao do causante, acordouse por resolución desta data chama-los que se crean con igual ou mellor dereito á herdanza que os que a solicitan, para compareceren no xulgado a reclamala dentro de trinta días a partir da publicación deste edicto, apercibíndoos de que de non o verificaren recaerá sobre eles o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

En Marín, vinteseis de xuño de dous mil.

A secretaria

Rubricado