Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.604

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave AC/01/80.1, LU/01/78.1 e LU/01/66.0.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada AC-403 Muros-

Santa Comba, treito A Pereira-Pino do Val.

Clave: AC/01/80.1.

Orzamento: dezaoito millóns seiscentas sesenta e nove mil novecentas dez (18.669.910) pesetas, equivalentes a 112.208,42 euros.

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba

o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2. Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción incluída cartografía da obra acondicionamento da estrada LU-704 Vilaoudriz-Taramundi.

Clave: LU/01/78.1.

Orzamento: dez millóns seiscentas vintedúas mil cento setenta e oito (10.622.178) pesetas, equivalentes a 63.840,58 euros.

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

3. Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e avaliación ambiental da vía de alta capacidade Sarria-Nadela.

Clave: LU/01/66.0.

Orzamento: trinta e tres millóns oitocentas setenta e cinco mil dezaseis (33.875.016) pesetas, equivalentes a 203.592,95 euros.

Prazo de execución: 15 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase de acordo co cadro de características do prego de prescricións técnicas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) do texto refundido da citada lei.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000 do 16 de xuño polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información: 981 54 49 86.

Así mesmo poderanse obte-los pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación.

E en Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo nº 19-21. Teléfono: 981 59 33 85.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizarase pola mesa de contratación ás once horas do día vintetrés (23) de agosto de 2001, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda