Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.604

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de maio de 2001 pola que se anuncia a convocatoria de prazas de persoal laboral fixo para o ente público Portos de Galicia.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 143, do martes 24 de xullo de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 10.148 punto 2.6 pasará a se-lo punto 2.7.

O punto 2.6 dirá o que segue: «Estar en posesión do carné de conducir B1».

-Na páxina 10.151 engádese o punto 8.2.4., que di: «Fotocopia compulsada do carné de conducir B1».

-Na páxina 10.151, no anexo I, onde di: «fundamentos básicos da Lei 62/1988», debe dicir: «fundamentos básicos da Lei 22/1988».