Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:

Obxecto: renovación de capas de rodadura. Zona norte.

Orzamento de licitación: 68.077.832 pesetas (409.156,01 euros).

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Fianzas: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución: seis meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG, ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 20 de xullo de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa