O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a execución da obra seguinte:
Obxecto: renovación de capas de rodadura. Zona sur.
Orzamento de licitación: 61.865.712 pesetas (371.820,42 euros).
Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.
Fianzas: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Prazo de execución: seis meses.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG, ata as 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Oleiros, 20 de xullo de 2001.
Esther Pita Pita
Alcaldesa