Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

Vista a comunicación do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na que informa sobre o vencemento do período polo que se nomeou xuíz de paz substituto deste municipio.

Co obxecto de proceder á elección do dito cargo, toda aquela persoa que cumpra cos requisitos esixidos para optar a el, poderá formular petición ante esta Alcaldía dentro do termo de quince días contados a partir da publicación do presente anuncio.

Moaña, 20 de abril de 2001.

O alcalde

Rubricado