Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión do 26 de xuño de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle para a reordenación de volumes na UA sen número no Burgo, promovido pola sociedade Residencial Jardín del Burgo, S.L. e redactado polo arquitecto Carlos Montero López.

2. Proceder á publicación do acordo aprobatorio no BOP e DOG e á súa comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na forma legalmente establecida.

3. Determinar que este acordo é firme en vía administrativa e pode ser impugnado directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa sen

prexuízo do potestativo recurso de reposición, nos prazos e forma previstos na lexislación vixente.

Culleredo, 29 de xuño de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo