Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de Administración especial.

A Comisión de Goberno do Concello de Culleredo (A Coruña), na súa sesión do 31 de maio de 2001, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición (promoción interna) dun posto vacante da escala da Administración especial, subescala servicios especiais, denominación oficial especialista de obras.

No BOP nº 137, do 16 de xuño de 2001, publícanse integramente as bases da convocatoria que rexerán a provisión do dito posto.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Culleredo, 20 de xuño de 2001.

P.D. (Resolución da alcaldía

do 22 de outubro de 1999, BOP do 13 de novembro)

Alicia Ferreiro Varela

Concelleira de Persoal, Réxime Interior

e Seguridade Cidadá