Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-9/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 19 de xullo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por Loufre Inversións, S.L., para a ordenación de volumes, no POL F12.02, lugar de Someso II.

Segundo.-Proceder á exposición pública do documento, anunciándose así no DOG e nos xornais de maior circulación na provincia, para que no prazo dun mes poidan os interesados presenta-las alegacións oportunas.

Terceiro.-Estima-lo escrito presentado por Loufre Inversións, S.L., o día 10 de xullo de 2001, documento nº 76885, polo que renuncia á tramitación do PERI no ámbito do POL F12.02, declarando concluso o procedemento e o arquivo das actuacións.

Cuarto.-Notificar ó promotor e a Manuela Canosa Pardo».

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Ser

vicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 11 a 13 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación satisfaranse polo seu promotor.

A Coruña, 26 de xullo de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo