Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 12 de xullo de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter inicial e a reserva da corrección de deficiencias un plan parcial dun sector da área 2 de SUNP delimitado no PXOU vixente, promovido por propietarios de terreos do ámbito e redactado polo arquitecto Javier Nogueiras Mascarenhas.

O ámbito, situado no lugar de Peñasquedo, parroquia de Rutis, abarca unha superficie aproximada de 61.352 m, cos seguintes lindeiros:

Norte: camiño público límite entre os concellos da Coruña e Culleredo.

Sur: vía municipal.

Leste: camiño real e distintos propietarios.

Oeste: CP-3006.

2. Somete-lo documento a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia, e con notificación persoal do trámite ós propietarios de terreos no ámbito.

Os prazos contaranse desde a última públicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 13 de xullo de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo