Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto nos artigos 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, sobre delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, e 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, faise público que no concello pleno, en sesión extraordinaria realizada con data do 20 de xuño de 2001, prestou aprobación defi

nitiva á modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal na zona de Barraña.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados proderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicada este anuncio no BOP ou DOG, sen prexuízo de que se poida interpor recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou o presente acordo, no prazo dun mes, segundo o disposto no artigo 52.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, ou utilizar calquera outro recurso que se estime oportuno.

Boiro, 21 de xuño de 2001.

Jesús Alonso

Alcalde