Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

EDICTO.

Aprobados por esta alcaldía, mediante Resolución do 13 de xullo de 2001, os proxectos de estatutos e de bases de actuación da xunta de compensación que pretende constituírse para o desenvolvemento do SAU R-3 A Longueira neste concello de Bergondo, exponse ó público no Diario Oficial de Galicia, xunto co expediente incoado para o efecto, polo prazo de vinte días, podendo examinarse, durante ese período, polas persoas que se consideran afectadas, e formula-las alegacións que coiden pertinentes, de conformidade co previsto nos artigos 161.3º e 162.1º e 2º do vixente Regulamento de xestión urbanística.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Bergondo, 13 de xullo de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente