Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación das subministracións que se citan.

Expediente nº: 32/2001.

Obxecto: microscopio estereoscópico con brazo móbil.

Localidade: Vigo.

Importe licitación: 3.700.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes.

Expediente nº: 33/2001.

Obxecto: cámara climatizada construída á medida e equipada para a reproducción e cría de lampreas.

Localidade: Vigo.

Importe licitación: 5.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Prazo entrega: 1 mes.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos: a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas. b) Número de unidades a entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas. c) División por lotes e número: . d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías: provisionais: 2% dos importes licitación. Definitiva: 4% dos importes adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: edificio anexo ó Rectorado, r/ Arenal, nº 46, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos

pregos de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: Rectorado-edificio anexo r/ Oporto, nº 1, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, a contar desde a apertura das proposicións. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Arenal, nº 46, 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o terceiro día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo dos adxudicatarios a rateo.

Vigo, 26 de xullo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo