Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

ANUNCIO.

Contratación: proxecto de reconstrucción da capela de San Paio e acondicionamento do contorno.

Anuncio de adxudicación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, do citado proxecto incluído no Plan de Arquitectura Popular 2000.

1. Obxecto do contrato: reconstrucción da capela de San Paio e acondicionamento do contorno.

2. Tramitación e procedemento: tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso, de acordo co prego de cláusulas administrativas aprobada pola deputación provincial.

3. Orzamento: 10.000.000 de pesetas.

4. Clasificación empresarial.

Grupo C, subgrupos 2, 3, categoría c.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

6. Presentación de proposicións.

Durante os 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, das nove ás catorce horas, nas oficinas municipais.

7. Apertura das proposicións.

O segundo día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas na Casa do Concello de Boqueixón.

Se coincide en sábado, prorrógase ó inmediato día hábil seguinte.

8. Obtención de documentación e información.

Concello de Boqueixón.

Teléfono: 981 51 30 52.

9. Gastos do anuncio e control arqueolóxico: serán por conta do adxudicatario.

Boqueixón, 19 de xullo de 2001.

José Manuel Martínez García

Alcalde en funcións