Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA TEIXEIRA

ANUNCIO de licitación de contratación de obras mediante concurso.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello da Teixeira.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto dos contratos:

Descrición do obxecto (obras incluídas no Plan base de 2001).

-Obra do camiño de acceso a Soutelo, Igrexa e O Barrio.

-Obra de rede de sumidoiros en Abeleda, abastecemento en Cristosende e camiños de acceso ós depósitos de abastecemento de Sistín, A Teixeira e Abeleda.

b) Lugar de execución: termo municipal da Teixeira.

c) Prazo de execución: o prazo é de tres meses en ámbalas dúas obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación:

-Camiño de acceso a Soutelo, Igrexa e O Barrio. 6.000.000 de pesetas. 36.060,73 euros.

-Rede de sumidoiros en Abeleda, abastecemento en Cristosende e camiños de acceso ós depósitos de abastecemento de Sistín, A Teixeira e Abeleda. 7.708.000 pesetas. 46.326,01 euros.

5. Garantías:

Provisional: o 2% do orzamento base de licitación.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello da Teixeira.

b) Domicilio: O Ivedo-Valilongo, 19.

c) Localidade e código postal: A Teixeira (Ourense) 32765.

d) Teléfono e fax: 988 20 74 00/988 20 74 45.

e) E-mail: ateixeira*concellos.xunta.es.

f) Data límite de obtención da documentación e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: no se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego.

8. Presentación das proposicións:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG. O prazo comezará a computarse a partir da última das publicacións. Se o último día fora sábado ou inhábil, o prazo rematará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello da Teixeira.

9. Apertura das ofertas:

Lugar: salón de plenos do Concello da Teixeira.

Data: o cuarto día hábil seguinte ó da finalización do prazo para presentar solicitudes. Se coincidise en sábado, o día hábil seguinte.

Hora: 17.30 horas.

10. Outras informacións:

a) Criterios de adxudicación no concurso: os establecidos no prego.

b) Exposición pública do prego de cláusulas: os catro días hábiles seguintes ó da publicación da última das publicacións deste anuncio no BOP e DOG.

11. Gastos dos anuncios: os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

A Teixeira, 22 de xuño de 2001.

Miguel Antonio Cid Álvarez

Alcalde