Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de reforma da urbanización do barrio da Seca.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria. Aberto. Poxa.

4. Orzamento da licitación: 74.990.662 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista: grupo: C, subgrupo: 6, categoría: a. Grupo: E, subgrupo: 1, categoría: a. Grupo: G, subgrupo: 4, categoría: a.

6. Garantías: a) Provisional: 1.499.812 pesetas. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do Concello. Praza de España. Pontevedra 36071. Teléfono/fax: 986 80 43 00/86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 12ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello. En horario de 9 a 13 horas. d) Prazo

durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Pontevedra, 12 de xuño de 2001.

Raimundo González Carballo

Teniente alcalde delegado de Área

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral