Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

O decreto do Consello da Xunta de Galicia 93/2001, do 19 de abril, (DOG nº 88, do 8 de maio), declarou a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa polo Concello de Ortigueira (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de mellora ambiental do borde fluvial da ría de Ortigueira, tramo Santa Marta-Marouzos.

En cumprimento do disposto no artigo 52.2º da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Ortigueira convoca os titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan o día vinte de agosto de dous mil un (luns), ás dez horas, e na casa do concello, sita na praza Isabel II s/n da Vila de Santa Marta, sen prexuízo de desprazarse ós predios obxecto de expropiación se así se solicitase, co fin de redacta-las actas previas á ocupación.

A este acto deberán acudir os propietarios afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, presentando os documentos acreditativos da titularidade dos ben e o documento nacional de identidade. Poden asistir acompañados, se o con

sideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos ou dun notario.

A lista de propietarios afectados atópase exposta ó público no taboleiro de edictos do concello, xunto co presente anuncio.

Esta publicación realízase para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5, da citada Lei de expropiación forzosa.

Ata o levantamento das actas previas ás ocupacións, os interesados poderán formular por escrito cantas alegacións estimen pertinentes, para os únicos efectos de emendar erros na relación de bens e titulares afectados pola urxente ocupación.

Ortigueira, 24 de xullo de 2001.

Ana Belén Franco Martínez

Alcaldesa accidental