Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Cambre, na súa sesión do 21 de decembro de 2000, acordou aprobar definitivamente a reforma do proxecto de

urbanización Os Castros do Bosque 2ª fase situada en Cecebre, elaborado polo arquitecto Luis Silva Rodríguez e promovido por Trabuga, S.A.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Esta resolución, de conformidade co establecido no artigo 109 da Lei 30/1992, por fin á vía administrativa. A teor do establecido nos artigos 107 e 116 da citada lei poderá recorrerse potestativamente en reposición ou impugnala directamente a xurisdicción contencioso-administrativa.

O prazo para interpoñe-lo recurso de reposición é dun mes contado desde o día seguinte á última publicación deste anuncio e deberá presentalo ante o mesmo órgano que a dictou, segundo o establecido no artigo 117 da Lei 30/1992.

O prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte á última publicación deste anuncio, e deberá presentalo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, todo isto sen prexuízo de que poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Cambre, 1 de febrero de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde