Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

EDICTO do 19 de xuño de 2001 polo que se fai pública a convocatoria para a elección de xuíz de paz titular do Concello de Bueu.

De conformidade co establecido no artigo 101 e concordantes da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de xuíz de paz titular deste termo municipal, conforme as seguintes bases:

1ª Obxecto: a provisión do cargo de xuíz de paz titular, por un período de catro anos.

2ª Solicitudes: presentaranse no rexistro xeral do concello, de 8 a 14 horas de luns a venres e de 9.30 a 13 horas os sábados durante un prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Certificado de nacemento ou fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, acompañada de declaración xurada ou complementaria do solicitante referida a que non se atopa inculpado ou procesado.

c) Xustificación dos méritos alegados polo solicitante.

3ª Condicións legais: ser español e maior de idade; non atoparse incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, agás actividades profesionais ou mercantís.

As causas de incompatibilidade sinaladas no artigo 389 da Lei orgánica do poder xudicial operarán con posterioridade ó nomeamento, mediante opción efectuada polo nomeado.

Son causas de incapacidade: estar impedido física ou psiquicamente para a devandita función; estar condenado por delicto doloso en canto non se obteña a rehabilitación; estar procesado ou inculpado por delicto doloso, en canto non se obteña a absolución ou sexa dictado auto de sobresemento e non atoparse en pleno exercicio dos dereitos civís.

Bueu, 19 de xuño de 2001.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde-presidente