Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 111 do Regulamento de xestión urbanística (Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto) en relación co 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello Pleno, en sesión realizada con data 19 de xullo de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de delimitación do polígono e reparcelación comprendido entre as rúas nº 9, nº 10, a avenida de Barraña e o SAPU 1B.

Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, sen prexuízo de que poidan interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou este acordo.

Boiro, 20 de xullo de 2001.

Jesús Alonso

Alcalde