Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle da Travesía de Vigo, esquina rúa Rosario (expediente 6575/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 5 de xullo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle de ordenación de volumes e axuste de aliñacións

e rasantes no terreo situado entre as rúas Travesía de Vigo nº 17 e Rosario, promovido por Mª Castora Gómez Ceruelo, segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos José Martínez Rodríguez e Daniel Rodríguez Fernández, con visado do COAG do 5-2-2001 e 11-6-2001.

Segundo.-Someter este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia, con notificación individualizada á comunidade de propietarios do edificio da r/ Travesía de Vigo nº 15, e demais interesados directos polo mesmo».

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contados desde o último anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 13 de xullo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo