Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da seguinte instalación: Parque Eólico do Ribeiro. (Expediente IN661A 01/3-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enrexía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa do Parque Eólico do Ribeiro, coas seguintes características básicas:

Denominación: Parque Eólico do Ribeiro.

Solicitante: Energías del Ribeiro, S.L.

Enderezo: Concello de Arnoia, r/ Otero Cruz nº 12, 32224 Arnoia (Ourense).

Situación: terreos situados nos concellos de Arnoioa; Cartelle e Castrelo de Miño (Ourense).

Delimitación, superficie e potencia:

As coordenadas UTM (m) do polígono que delimita a zona de implantación son:

PuntoUTM-x UTM-y

1571.5844.680.186

2571.5694.680.539

3572.4434.680.539

4573.4154.679.936

5574.0854.678.955

6573.8864.678.816

7572.9184.679.998

8571.5844.680.186

Superficie afectada: 998.065 m.

Potencia bruta: 11.220 kW.

Alegacións; solicitudes en competencia: todas aquelas persoas ou entidades qeu se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provinvial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, as cales se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 14 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense