Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/67-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: U. Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Pazos.

Situación: Verín.

Características técnicas: liña soterrada, a 20 kV, en conductor R.H.V. 12/20, de 135 m, con orixe na caseta CCL da L.M.T. Verín-Xinzo e remata no C.T. en caseta existente de Pazos, con 250 kVA r/t 20.000/380-220 V. 4 circuítos aéreos (3 e 4 aéreos-subterráneos) de redes de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 15 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense