Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 01 de agosto de 2001 Páx. 10.487

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a publicación do texto do acordo subscrito polos representantes da Administración autonómica e a organización sindical CC.OO., representadas na Mesa Xeral de Negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión de Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2001, e aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 26 de xullo de 2001, sobre criterios de reparto do fondo de acción social para o ano 2001.

Visto o texto do acordo subscrito o 11 de xullo de 2001, polos representantes da Administración autonómica e a organización sindical CC.OO., representadas na Mesa Xeral de Negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión da Concesión de Axudas de Acción Social do ano 2001, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xullo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito acordo no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acordo sobre criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exercicio de 2001.

En Santiago de Compostela once de xullo de dous mil un, os representantes da Administración autonómica e a organización sindical CC.OO., representada na Mesa Xeral de Negociación de funcionarios e no Comité Intercentros do persoal laboral, así como na Comisión da Concesión das Axudas de Acción Social do ano 2001, adoptan os seguintes acordos:

Criterios de reparto do Fondo de Acción Social para o exercicio do ano 2001.

Normas xerais:

1. Ambito persoal.

Primeira.-poderá causar dereito ás distintas axudas que se recollen na presente resolución o seguinte persoal ó servicio da Administración da Xunta de Galicia:

a) O persoal funcionario de carreira, persoal interino, contratado administrativo, persoal laboral fixo e persoal laboral temporal incorporados á Xunta de Galicia con anterioridade ó 1-1-2002.

b) O persoal referido no parágrafo anterior debería estar en situación de activo na Administración da Xunta de Galicia no prazo establecido para a presentación da solicitude.

Segunda.-Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste acordo:

O persoal ó servicio de entes autónomos que se rexan polos seus propios orzamentos e estatutos (universidades, TVG, Igape, Consello de Contas, Cixtec, etc.), o persoal funcionario ó servicio da Administración de xustiza, o persoal estatutario do Sergas, así como o persoal procedente dos centros sanitarios Hospital Médico-Cirúrxico Provincial de Santiago, Sanatorio Psiquiátrico de Conxo, Hospital Provincial Sta. Mª Nai de Ourense, Hospital Municipal Nicolás Peña de Vigo, Hospital Xeral Provincial de Pontevedra, Hospital Psiquiátrico Provincial O Rebullón de Pontevedra e Hospital Militar da Coruña e ademais todo o persoal que non estea organicamente integrado na Xunta de Galicia, e polo tanto non ocupe un posto incluído na relación de postos de traballo.

Terceira.-O persoal laboral non poderá solicita-las axudas previstas para diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais ó que lle será de aplicación o disposto no artigo 37 do III Convenio Único da Xunta de Galicia, agás os casos de suspensión temporal do contrato do persoal laboral fixo-descontinuo.

Cuarta.-Para os efectos de aplica-lo baremo por unidade familiar que se fixa na axuda de estudios de fillos, indícase de seguido a documentación precisa e a norma común para a valoración das rendas familiares:

Cálculo da renda per cápita.

A renda per cápita (RPC) é a cantidade que determina a porcentaxe e os límites da axuda, a partir das táboas de baremación que se especifican en cada caso. O seu importe é o cociente de dividi-la renda familiar total polo número de membros da unidade familiar.

Unicamente serán considerados membros da unidade familiar os fillos naturais ou adoptivos, os cónxuxes e parella de feito.

1.1. A renda familiar total calcularase sumando as seguintes retribucións en diñeiro íntegras:

a) Os do solicitante obtidos da declaración do IRPF do ano 2000. Se non tivo que facer declaración do IRPF, presentará certificación de Facenda da dita circunstancia e certificación anual de ingresos, expedida pola habilitación da súa consellería.

b) Se é o caso, os do cónxuxe ou parella de feito, obtidos da mesma maneira.

c) Se é o caso, os correspondentes ós fillos maiores de idade, obtidos da mesma maneira.

1.2. O número de membros da unidade familiar obterase sumando as seguintes persoas:

a) O solicitante.

b) Se é caso, o cónxuxe ou parella de feito.

c) Se é caso, os fillos que figuren no anexo-declaración familiar avalada polo libro de familia.

Documentación:

a) De tódolos membros da unidade familiar maiores de 18 anos: declaración da renda do ano 2000. Se non tivo que facer declaración do IRPF, presentará certificación de Facenda desa circunstancia e cer

tificación anual de ingresos íntegros expedidos pola habilitación da súa consellería, empresas públicas ou privadas.

b) Sé e o caso, certificado negativo-positivo de pensións do Instituto Nacional da Seguridade Social.

c) Se é o caso, vida laboral da Tesourería Territorial da Seguridade Social dos membros da unidade familiar, maiores de 18 anos, que non obtiveron ingresos dinerarios no ano 2000.

d) Libro de familia da unidade familiar.

e) Anexo da declaración familiar.

f) No suposto de non convivencia de ambos proxenitores deberase acreditar que o solicitante ostenta a garda e custodia ou, no seu defecto, xustifica-la convivencia dos fillos mediante certificado expedido polo concello.

Quinta.-Débense cumprir, ademais, os requisitos que se determinan nas normas específicas para cada modalidade de axuda.

Sexta.-O Servicio de Relacións Laborais poderá solicitar calquera outro tipo de documentación complementaria que estime necesaria, para os efectos de ter constancia dos integrantes e ingresos da unidade familiar.

2. Incompatibilidades.

a) As modalidades de axuda obxecto deste acordo son incompatibles coa percepción doutras de natureza similar concedidas pola Xunta de Galicia ou por outro organismo oficial ou empresa privada, salvo que fosen de contía inferior; nese caso, se se acredita documentalmente a súa natureza e contía, poderá solicitarse a diferencia ata a cantidade que, en cada caso, corresponda.

En todo caso deberá presentarse certificación do importe anual percibido expedido polo organismo oficial ou empresa privada correspondente.

b) Queda exceptuada do punto a) a axuda a diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais.

3. Solicitudes e documentación.

a) Os interesados deben presenta-la solicitude conforme o modelo oficial establecido debidamente cuberta e asinada.

b) Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador:

-Servicios centrais: secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas: subdirección xeral ou xefatura de servicio da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos que teña atribuídas funcións en materia de persoal.

-Servicios periféricos: secretarios xerais das delegacións territoriais, provinciais e comarcais, ou funcionarios que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, das consellerías respectivas.

Unicamente para estes efectos poderán certifica-los directores ou secretarios de centros de educación dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con respecto ó persoal con destino nos ditos centros.

No referente ó persoal funcionario ou laboral do Sergas que preste os seus servicios nas direccións provinciais do organismo ou nos distintos hospitais ou centros de atención primaria: o secretario da dirección provincial do organismo ou o secretario da delegación da Consellería de Sanidade dependendo do ámbito de dependencia funcional do interesado.

c) Naqueles supostos nos que dous suxeitos beneficiarios incluídos no ámbito de aplicación deste acordo teñan causa ou causantes comúns, soamente un deles poderá causar dereito.

d) Os solicitantes deben xuntar á petición os documentos que se esixen en cada unha das axudas e xustificar mediante certificación ou copia cotexada os feitos que se aleguen.

e) Carecerán de validez os documentos presentados con emendas ou riscaduras.

f) A comisión de reparto rexeitará toda axuda solicitada que non cumpra cos requisitos esixidos.

4. Falsidade nas solicitudes.

A ocultación de datos, a falsidade na documentación presentada ou a omisión da requirida darán lugar á denegación da axuda solicitada ou perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades a que houbera lugar.

5. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos (selada e rexistrada cada solicitude pola oficina onde se efectúe a presentación) de acordo co establecido no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285 do 27 de novembro) modificado pola Lei 4/1999 (BOE nº 12 do 14 de xaneiro), dirixidas ó director xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, nº 1, 15771. Santiago de Compostela), desde o 1º de outubro de 2001 e ata o 15 de xaneiro de 2002.

Todo isto de acordo cos modelos anexos das solicitudes.

6. Distribución dos créditos.

1. En aplicación do orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2001, destínase na partida orzamentaria 04 09 121A 162.04 a cantidade de 781.175.000 pesetas para as axudas do fondo de acción social que se recolle neste acordo segundo o seguinte reparto:

1 Xubilación12% 93.741.000 ptas.563.394,76A.

2 Diminuídos13%101.552.750 ptas.610.344,32A.

3 Fillos menores25%195.293.750 ptas.1.173.739,08A.

4 Est. fillos33%257.787.750 ptas.1.549.335,58A.

5 Est. traballador 2% 15.623.500 ptas.93.899,12A.

6 Vivenda15%117.176.250 ptas.704.243,44A.

Total100% 781.175.000 ptas.4.694.956,30A.

2. Por proposta da mesa xeral de negociación ou comisión designada por ela, poderanse modifica-las contías asignadas a cada axuda nunha mesma porcentaxe, se á vista das solicitudes presentadas non se puideran respecta-los topes mínimos establecidos así como os importes dos baremos, nas axudas que así o establezan.

Os remanentes que houbera despois de aplica-las normas específicas de cada unha das prestacións ou axudas incrementarán o orzamento da axuda de fillos menores.

Procedemento.

1. Recibidas as solicitudes procederase ó estudio e cualificación destas polo Servicio de Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública que, unha vez ultimada a xestión, elevará proposta de concesión a favor dos que reúnan os requisitos desta resolución.

2. Mediante resolucións da Dirección Xeral da Función Pública, publicaranse listados provisionais de admitidos e excluídos contra os que os interesados poderán formula-las reclamacións que sexan procedentes, no prazo de dez días hábiles. Así mesmo, durante este prazo deberán emendarse, se é o caso, os defectos causantes da exclusión provisional. Esgotado o mesmo, elevaranse aqueles a definitivos coas modificacións a que houbera lugar.

A estimación ou desestimación da solicitude producirase coa publicación das listaxes de admitidos e excluídos con indicación neste último caso da/s causa/s de exclusión.

3. O aboamento das axudas concedidas efectuarase por transferencia bancaria ós beneficiarios.

4. O prazo máximo para resolve-las solicitudes especificadas nesta orde será de tres meses, contados a partir do día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Se no prazo establecido non se resolvese o expediente entenderase desestimada a solicitude.

Calquera interpretación, aclaración ou dúbida que xurda sobre as presentes bases será resolta pola Comisión de Reparto do fondo de acción social.

Normas específicas:

1. Axudas á xubilación.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia que se xubilase ou invalidase permanentemente no ano 2001 (desde 1-1-2001 ata 31-12-2001 ambos inclusive).

A Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirá certificación do persoal docente xubilado no ano 2001, así como dos importes percibidos ó amparo da disposición transitoria novena da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo e orde autonómica do 28 de febreiro xa que son incompatibles con este fondo social.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais remitirá certificación do persoal funcionario e laboral xubilado no ano 2001, agás o persoal previsto na norma xeral 1.-Ámbito persoal segunda do ámbito persoal que lles afecta e que non ten dereito ó fondo de acción social.

De acordo co punto 2.a) das normas xerais o persoal xubilado que teña a condición de mutualista sometido ó campo de aplicación de Muface, deberá solicitar á dita mutualidade o subsidio de xubilación e presentar, se é o caso, certificación denegatoria de non ter dereito ó dito subsidio, ante esta dirección xeral e antes do 16-1-2002.

A mutualidade Muface remitirá, a petición da Dirección Xeral da Función Pública, certificación de tódolos seus mutualistas solicitantes do subsidio de xubilación con feito causante do ano 2001, con indicación dos importes percibidos por cada solicitante ou motivos do rexeitamento.

O persoal xubilado no ano 2001 que tendo a condición de mutualista de Muface figurase nos listados de excluídos coa clave: Falta importe percibido por Muface ou calquera outra mutualidade ou organismo público, quedará excluído do fondo de acción social, elevándose a correspondente proposta de aprobación da axuda, se é o caso, cando o xubilado presente certificación do importe percibido, aboándose, de existir diferencia, con cargo ó orzamento do fondo de acción social do ano 2002, se non fose posible facelo con cargo ó de 2001 por estar este xa executado.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo cos seguintes topes:

Tope mínimo e máximo de 450.000 pesetas (2.704,56 A).

Esta axuda é prioritaria e polo orzamento xeral do fondo de acción social respectarase, o tope mínimo-máximo.

Documentación:

a) Non se precisa presentación de solicitudes.

b) A concesión será feita de oficio pola Administración.

2. Axudas para a atención a diminuídos.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia previsto no apartado 1.-Ambito persoal, que teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo as súas expensas, consorte, fillos e ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentencia xudicial firme; diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais, recoñecidos como tales antes do 1-1-2002, polos organismos que a continuación se relacionan e que os ingresos do diminuído non superen o salario mínimo interprofesional de 989.520 pesetas (5.947,13 A) correspondentes ó ano 2000:

-Área de Servicios Sociais da Consellería de Traballo e Servicios Sociais ou Sanidade e Servicios Sociais.

-Instituto Nacional de Servicios Sociais.

O persoal laboral, ó que lle é de aplicación o artigo 37 do III convenio colectivo, terá dereito a esta axuda unicamente cando o posto de traballo que ocupe teña o carácter de descontinuo, que a solicite ó fondo de acción social e non perciba esta axuda pola súa consellería durante os meses de suspensión do contrato. Tendo neste caso dereito á contía que corresponda polo período de suspensión.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, cos seguintes topes:

Tope mínimo e máximo de 216.000 pesetas (1.298,19 A) por axuda, e diminuído.

Esta axuda é prioritaria e polo orzamento xeral do fondo de acción social respectarase o tope mínimo-máximo.

No caso de que desde a data da cualificación da minusvalidez non teña o ano completo ratearase a contía da dita axuda.

Solicitude:

Normalizada e única para tódolos diminuídos polos que solicita esta axuda.

Documentación:

Para os fillos causantes:

a) Copia da cualificación oficial de minusvalidez, expedido polos centros anteriormente sinalados. En caso de renovación ou alteración da porcentaxe de minusvalidez no ano 2001, as dúas cualificacións.

b) Copia de tódalas follas do libro de familia onde figuren anotacións.

c) Copia do último recibo de salarios do solicitante, á presentación da solicitude dentro do prazo establecido.

d) Se o diminuído ten idade laboral deberá presentar certificado de vida laboral desde o 1-1-2000 da Tesourería Territorial da Seguridade Social e, se é o caso, certificación de ingresos en diñeiro íntegros no ano 2000.

e) O persoal laboral que ocupe un posto de carácter descontinuo presentará certificado do habilitado da súa consellería relativo ós meses que non percibirá esta axuda por suspensión do contrato durante o ano 2001.

Para os ascendentes, consortes ou tutelados por setencia xudicial firme:

a) Copia da cualificación oficial da minusvalidez, expedido polos centros anteriormente indicados. No caso de renovación ou alteración da porcentaxe da minusvalidez no ano 2001, as dúas cualificacións.

b) Copia do DNI do diminuído.

c) Copia do certificado de convivencia do concello do diminuído co solicitante.

d) Copia da fe de vida do diminuído.

e) Copia da último recibo de salarios, á presentación da solicitude dentro do prazo establecido.

f) Vida laboral do diminuído da Tesourería Territorial da Seguridade Social desde o 1 de xaneiro de 2000 e, se é o caso, certificación de ingresos en diñeiro íntegros no ano 2000.

g) Certificado negativo ou positivo de pensións do Instituto Nacional da Seguridade Social do diminuído.

h) Xustificación do parentesco do diminuído co solicitante.

i) O persoal laboral que ocupe posto de carácter descontinuo presentará certificado do habilitado da súa consellería dos meses que non percibirá esta axuda por suspensión do contrato durante o ano 2001.

3. Axudas por fillos menores.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia, previsto punto 1.-Ambito persoal, que teñan fillos nados con anterioridade ó ano 2002 e que non alcancen a idade obrigatoria para os estudios de primaria no curso

2001/2002, ou sexa, nados desde 1-1-1996 ó 31-12-2001.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 cos seguintes topes:

Tope máximo 40.000 pesetas (240,40 A).

Solicitude:

Normalizada e única para tódolos fillos menores causantes.

Documentación:

Copia cotexada da totalidade das follas do libro de familia onde figuren anotacións incluso a folla onde figura o número e serie, agás os causantes aprobados no ano 2000.

4. Axuda para estudios por fillos.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia, previsto no punto 1.-Ambito de persoal, que teña fillos ó seu cargo nados antes do 1-1-1996 e que cursen estudios de primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro, que dean lugar á obtención de títulos académicos oficiais expedidos pola Administración pública, todos eles durante o curso académico 2001/2002.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula do fillo causante subvencionada.

Esta axuda é prioritaria e polo orzamento xeral do fondo de acción social respectaranse os importes establecidos no baremo por cada fillo causante do solicitante beneficiario.

O solicitante poderá ou non acollerse a fórmula de baremo da renda per cápita enviando ou non a documentación que se sinala para o efecto.

Se desexa acollerse á fórmula de baremo deberá necesariamente sinalalo no apartado correspondente da solicitude xa que no caso contrario a comisión entenderá, para tódolos efectos, que se acolle ó tope mínimo.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, unha vez aplicada a renda per cápita da unidade familiar do ano 2000, tal e como se indica de seguido:

Renda familiar per cápita do ano 2000Importe

Ata 800.000 ptas.18.000 ptas.

De 800.001 a 1.999.999 ptas.13.500 ptas.

Desde 2.000.000 de ptas.9.000 ptas.

Anterior en euros

Renda familiar per cápita do ano 2000Importe

Ata 4.808,09 A108,18 A

De 4.808,10 a 12.020,23 A81,13 A

Desde 12.020,24 A54,09 A

Se ó remate do prazo de presentación de solicitudes ou do prazo de reclamacións o solicitante non puidese por non estar aberto o prazo de inscrición presenta-lo documento de ter aboada a matrícula do curso 2001/2002 poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó fondo social do ano 2002.

Solicitude:

Normalizada e única para tódolos fillos polos que solicita esta axuda.

Documentación:

a) Copia da matrícula referente ó curso 2001/2002, debendo figura-lo importe pagado. Non se precisa en estudios obrigatorios.

b) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do curso 2001/2002, despois do día seguinte ó prazo de reclamacións, antes do 30-9-2002 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 2002.

c) Copia da totalidade das follas do libro de familia onde figuren anotacións. Se o solicitante opta pola renda per cápita da unidade familiar deberá enviar ademais toda a documentación común prevista na norma xeral cuarta.

d) Se o solicitante opta pola renda per cápita da unidade familiar deberá enviar ademais toda a documentación común prevista na norma xeral cuarta.

5. Axuda estudios do traballador.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia previsto no punto 1.-Ámbito de persoal, que curse estudios de primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos, universitarios e outros de carácter oficial segundo o Real decreto 185/1985, do 23 de xaneiro de 1985, que dean lugar á obtención de títulos académicos extendidos pola Administración pública todos eles durante o curso académico 2001/2002.

O persoal que teña a condición de mutualista de Muface quedará excluído coa clave Falta importe percibido por Muface, ata que a dita mutualidade remita certificación dos seus mutualistas que obtiveran este tipo de axuda.

No ámbito universitario, queda excluído desta axuda o persoal que teña a matrícula subvencionada.

Contido:

Reparto da contía sinalada no punto 6 entre tódolos solicitantes beneficiarios.

Tope máximo por solicitante beneficiario: 16.000 pesetas (96,16 A).

Se ó remate do prazo de presentación de solicitudes ou do prazo de reclamacións o solicitante non puidese por non estar aberto o prazo de inscrición presenta-lo documento de ter aboado a matrícula do

curso 2001/2002 poderá ser beneficiario da axuda e aboaráselle con cargo ó fondo social do ano 2002.

Documentación:

a) Solicitude normalizada.

b) Copia cotexada da matrícula referente ó curso académico 2001/2002, debendo figura-lo importe pagado.

c) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

d) Se é o caso, documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do curso 2001/2002, despois do día seguinte ó prazo de reclamacións, antes do 30-9-2002 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 2002.

6. Axuda por adquisición de vivenda.

Beneficiarios:

O persoal ó servicio da Xunta de Galicia previsto no punto 1.-Ambito persoal, que adquira individualmente ou en copropiedade a súa única vivenda no ano 2001 para a unidade familiar e por única vez. Quedan excluídos desta axuda os solicitantes que pertenzan ou pertenceran a unha unidade familiar, agás fillos emancipados, na que algún dos seus membros percibira esta axuda en anos anteriores e/ou teñan outra vivenda.

Non terán dereito a esta axuda:

-O persoal interino docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-O persoal interino posterior ó 31-5-1990.

-O persoal laboral non fixo.

Para efectos da axuda de vivenda a unidade familiar está constituída polos cónxuxes non separados legalmente, ou parella de feito, convivente, copropietario, solteiro/a, viúvo/a, divorciado/a, separado/a legalmente, irmáns ou persoas que convivan co solicitante.

Contido:

Reparto da contía sinalada para esta axuda no punto 6 deste acordo, ata un tope máximo de 400.000 pesetas (2.404,04 A) por unidade familiar.

Documentación:

a) Solicitude normalizada por unidade familiar.

b) 1. Unidade familiar onde tódolos seus membros estean afiliados ó réxime de cotización da seguridade social: copia notarial cotexada da formalización de compra-venda ou obra nova escriturada ante notario no ano 2001.

2. Unidade familiar onde algún dos seus membros pertenza ó réxime de cotización de Muface, Mugeju, Isfas, etc.:

2.1. Compra de vivenda: copia cotexada da formalización da compra-venda escriturada ante notario no ano 2001.

2.2. Construcción propia de vivenda: certificado final de obra, expedido por facultativo competente,

visado polo Colexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos Técnicos e polo Colexio de Arquitectos no ano 2001.

c) Copia do DNI do solicitante e persoa que integre con el a unidade familiar.

d) Copia da cartilla de afiliación á Seguridade Social, Muface, Mugeju, Isfas, etc. do solicitante e da persoa que integre con el a unidade familiar.

e) Informe de propiedades a nivel nacional emitido polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantis de España a petición do Rexistro da Propiedade correspondente, do solicitante e, se é o caso, do cónxuxe, parella de feito ou copropietario.

Se existen propiedades no informe do Colexio de Rexistradores, deberán solicitar nos rexistros correspondentes certificación de dominio, sen especificación de cargas, de tódalas vivendas que teñen neses rexistros.

f) Declaración do solicitante, baixo a súa responsabilidade, de non ser beneficiario nin el nin o seu cónxuxe ou parella de feito ou copropietario de axuda de igual natureza por parte de ningún organismo público ou empresa privada, agás ás que contempla o último punto desta norma específica.

g) Se é o caso, certificación acreditativa da contía anual percibida expedida pola entidade xestora correspondente.

h) De acordo co punto 2.a) das normas xerais o persoal solicitante e/ou o que constitúa con el a unidade familiar, que teñan a condición de mutualistas sometidos ó campo de aplicación de Muface ou doutra mutualidade de aseguramento de funcionarios, deberán solicitar á dita mutualidade dentro do prazo establecido a axuda por compra de vivenda ou obra nova xa que é preceptiva a referida solicitude para poder acceder ó Fondo de Acción Social, e deben presentar copia cotexada da solicitude da subvención a Muface ou outra mutualidade de aseguramento de funcionarios ou certificación acreditativa.

No suposto de que Muface ou calquera outra mutualidade de aseguramento rexeitase a axuda solicitada polo mutualista ou por quen con el constitúa a unidade familiar, por tela solicitado noutro organismo oficial deberá, o solicitante da axuda de vivenda a este fondo social da Xunta de Galicia, presenta-la copia da solicitude da axuda formulada a ese organismo oficial que provocou a denegación da mutualidade que corresponda.

Se da documentación presentada resultase que o solicitante da axuda de vivenda deste fondo social non percibiu a axuda de Muface ou doutra mutualidade de aseguramento por tela solicitado a outro organismo oficial, sendo este o fondo social da Xunta de Galicia, tamén será excluído polo fondo social do persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

A petición da Dirección Xeral da Función Pública as delegacións de Muface remitirán certificación de

tódolos seus mutualistas solicitantes da axuda por compra de vivenda ou obra nova do ano causante 2001, con indicación dos importes percibidos ou causas de rexeitamento.

Os solicitantes da axuda de vivenda que figuren nas listas que publique a Dirección Xeral da Función Pública unicamente coa clave de exclusión falta importe percibido por Muface, ou outra mutualidade de aseguramento de funcionarios, deberán presentar antes do 30-9-2002, certificación do importe concedido, co fin de poder elevar proposta de aprobación, se é o caso, da axuda, con cargo ó orzamento do fondo de Acción Social do ano 2002, se non fora posible facelo con cargo ó de 2001 por estar este xa executado.

i) Son compatibles coas previstas na orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 20 de marzo de 1992 (DOG nº 65 do 3 de abril).

Pola administración:

Ramón del Valle López.

Presidente.

Rafael López Aguilera.

Secretario.

Generosa Yáñez Salgado.

Pola Dirección Xeral da Función Pública.

Pedro Tomás Díaz Rodríguez.

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Agustín Cariñena Aliaga.

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Alejandro Fernández Rodríguez.

Consellería de Economía e Facenda.

Josefa Gancedo Cons.

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Concepción Outeiriño Quintas.

Consellería de Industria e Comercio.

Ángeles Carballo Martínez.

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Ángela Godoy Trillo.

Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Mª del Socorro Fernández Sanmamed Lestón.

Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Manuela Guillán de Dios.

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

José F. Sánchez-Brunete Varela.

Consellería de Medio Ambiente.

Luisa Fernanda Mediero Lago.

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Miguel A. Ares Casal.

Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Polas organizacións sindicais:

CC.OO.:

Emilio Doforno Guzmán.

Emilio Crespo Correa.