Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2001 pola que se anuncia a licitación das obras do centro municipal sociocultural de Monte Porreiro.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia tramitadora: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 99.862.952 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista: grupo C, subbgrupos 2, 4, 6 e 7, categoría c.

6. Garantías: a) Provisional: 1.997.259 pesetas. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación. Praza de España, Pontevedra 36071. Teléfono/fax: 986 80 43 00/86 01 02. b) Data límite de obtención de documentación: vinteseis (26) días naturais a partir do día sguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 12ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas.

9. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes: a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa. d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 6 de xuño de 2001.

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral