Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do estudio de detalle nas rúas Lugo, López de Neira e Doctor Cadaval (segunda aprobación inicial). (Expediente 5142/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 7 de xuño de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente a nova documentación presentada pola entidade Inmobiliaria Durán Gómez, S.A. (expediente 5142/411), ante esta Xerencia Municipal de Urbanismo con data 24 de maio de 2001, redactada polo arquitecto Gabriel Santos Zas, con visado do COAG do 23 de maio de 2001, que modifica a do estudio de detalle para a parcela con fronte ás rúas López de Neira e Lugo, no cuar

teirón nº 54 do PEEC, aprobado inicialmente polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 19 de outubro de 2000.

Segundo.-Procédase a continuación á apertura dun trámite de información pública do expediente polo prazo dun mes, mediante anuncios que se publicarán no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con notificación individual á entidade interesada así como ó alegante no primeiro período de información pública do expediente, José Álvarez Aros.

Terceiro.-Requirir á entidade Inmobiliaria Durán Gómez, S.A. para que presente ante esta Xerencia Municipal de Urbanismo a documentación precisa para tramita-lo correspondente proxecto de obras ordinarias da rúa Lugo, na que se inclúa unha relación individualizada de bens e dereitos para efectos da expropiación que, se é o caso, proceda».

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 14 de xuño de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo