Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2001 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación mediante concurso da concesión de obra pública consistente na construcción, xestión e explotación dun aparcadoiro subterráneo no subsolo da praza de España.

1. Entidad adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra. a) Órgano de contratación: Pleno da Corporación. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato: a) Concesión da obra pública consistente na construcción, xestión e subsiguiente explotación das obras executadas conforme o proxecto técnico presentado pola empresa adxudicataria. b) Duración: o prazo máximo da concesión será de 50 anos. c) Prazo de execución das obras: doce meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento orientativo: 570.643.660 pesetas.

5. Canon: cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Garantías: provisional: 11.412.873 pesetas. Definitiva: 10% do orzamento do proxecto técnico presentado polo adxudicatario.

7. Clasificación da empresa constructora: grupo A, subgrupo 1, categoría c; Grupo C, subgrupo 2, categoría f; Grupo C, subgrupo 6, categoría d.

8. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación do Concello de Pontevedra. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

9. Presentación das ofertas: a) Data límite: cincuenta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: claúsula 18ª do prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 8 ás 13.30 horas.

10. Constitución da mesa de contratación e apertura de proposicións: cláusulas 19ª, 20ª e 22ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios de adxudicación:

1. Ordenación e urbanización da superficie e vías exteriores: ata ó 18%.

2. Menor importe de tarifas para os usuarios: ata o 18%.

3. Cualidades das estructuras, instalacións e material empregado: ata o 18%.

4. Mellora de dimensións e tamaños das prazas, plataformas e rúas interiores: ata o 18%.

5. Programa de execución das obras para a reducción de molestias: ata o 14%.

6. Canon ofrecido polos licitadores (cesión de prazas ó concello): ata o 14%.

12. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1. Os dos anuncios que xere o concurso e os actos preparatorios daquel.

2. Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de concesión da obra pública e subseguinte explotación das obras, incluído o IVE e o imposto municipal sobre actividades económicas.

3. Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo conforme as tarifas establecidas na ordenanza fiscal reguladora da taxa.

4. Os de redacción dos proxectos técnicos (básico e de execución) e os de dirección técnica das obras, así como os derivados das probas ordenadas pola inspección técnica.

5. Calquera servicio público municipal ou doutros organismos que puidesen existir na zona afectada polo estacionamento trasladarase por conta do concesionario.

13. Información pública: o prazo polo que se someten a información pública (BOP nº 92, do 14 de maio de 2001), o anteproxecto das obras, réxime xurídico e pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares remata o 13 de xuño de 2001, adiándose a licitación (acto de apertura de proposicións) ata seren resoltas as reclamacións, de presentaren, polo Pleno da Corporación e, en todo caso, antes do prazo sinalado para a adxudicación do concurso.

Pontevedra, 5 de xuño de 2001.

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral