Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, en concordancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Concello en Pleno, en sesión ordinaria do 31 de maio de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle para a ordenación de volumes edificables en soar situado na Estrada da Paz-Parga, neste concello, promovido por Construcciones Vila-Mi

ño, S.A. e redactado polo arquitecto López Valiño con data do marzo último.

O contido da memoria, fundamentación, determinacións e ordenanzas do estudio de detalle definitivamente aprobado publicouse no BOP de Lugo número 139, correspondente ó día 19 de xuño de 2001.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase recorrer potestativamente en reposición perante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación, ou ben poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ou a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo corresponda, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Guitiriz, 19 de xuño de 2001.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa