Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (19/2001).

A alcaldía presidencia, con data do 2 de xullo de 2001, dictou a seguinte resolución:

1. Aprobar inicialmente polo procedemento de tasación conxunta o proxecto de expropiación da parcela número 2 do polígono G9.01, que se corresponde coa casa nº 3 da rúa Borrallón, o seu titular rexistral é Elvira García Fernández.

2. Somete-lo expediente ó trámite de información pública polo prazo de 1 mes para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións pertinentes.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo que o prazo dun mes sinalado no punto 2 do acordo comezará a contar desde o día seguinte ó da notificación persoal e no seu defecto a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia. Durante este período o expediente poderá ser consultado nas oficinas do Servicio de Urbanismo, Xestión, de luns a venres, de 12 a 13.30 horas. Así mesmo ponse de manifesto a conveniencia de presentar títulos de propiedade, certificación rexistral e demais documentos que xustifiquen a titularidade de parcelas e dereitos afectados, advertindo que a compensación ou indemnización polos bens e dereitos expropiados efectuarase a favor de quen resulte se-lo titular rexistral.

Esta publicación terá tamén os efectos previstos no art. 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ós que non poida serlles practicada a notificación persoal e en concreto para os titulares rexistrais e catastrais no ámbito do polígono que a continuación se citan:

Elvira García Fernández, titular rexistral.

Florinda Álvarez García, titular catastral, ref. catastral 7805017.

A Coruña, 3 de xullo de 2001.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda