Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 21 de xuño de 2001 polo que se anuncia a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias urbanísticas na localidade de Baamonde.

O Pleno do Concello, en sesión do día 20 de xuño de 2001, acordou encomenda-la elaboración do instrumento urbanístico conducente á modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento no que atinxe a futuras construccións estremeiras coa nova praza de Baamonde e nas áreas concretas sinaladas no plano 1.2 da ordenación urbana do mencionado núcleo, incorporado ó expediente.

Consecuentemente, acordou suspende-lo outorgamento de licencias municipais de reparcelación de terreos, edificacións e demolición na área sinalada, que figura no devandito plano.

O que se fai público en cumprimento do artigo 33.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Begonte, 21 de xuño de 2001.

Xosé Pena Rábade

Alcalde