Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 21 de xuño de 2001 polo que se anuncia a aprobación definitiva do proxecto de modificacións putuais do Plan parcial do parque empresarial de Begonte

O Pleno do Concello, en sesión do día 20 de xuño de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de moficiacións puntuais do parque empresarial de Begonte, redactado pola empresa IDASA (Inxeñería do Atlántico), e recollidas nel as condicións sinaladas pola Comisión Superior de Urbanismo de Galicia e informe favorable emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo, para os efectos do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra o anterior acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspodente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun, mes contado desde a mesma data.

Begonte, 21 de xuño de 2001.

Xosé Pena Rábade

Alcalde