Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 21 de xuño de 2001 polo que se anuncia a exposición ó público das modificacións do proxecto de urbanización do parque empresarial de Begonte.

Este concello, en sesión plenaria do día 20 de xuño de 2001, aprobou inicialmente as modificacións ó proxecto de urbanización do parque empresarial de Begonte, polígonos B e C, redactadas pola empresa IDASA.

En cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial

de Galicia, para que poidan ser examinadas e presentadas as alegacións que se consideren procedentes.

Begonte, 21 de xuño de 2001.

Xosé Pena Rábade

Alcalde