Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARRO

ANUNCIO da exposición ó público do avance da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o 31 de maio de 2001, aprobou o documento da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro, que redactou a empresa Adiu, S.L.

Segundo dispón o artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, durante o cal as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que estimen procedentes.

A memoria, planos e demais documentación están á disposición das persoas interesadas nas dependencias de secretaría do concello, en horario de oficina.

Barro, 8 de xuño de 2001.

José Antonio Landín Eirín

Alcalde