Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUROL

ANUNCIO.

O Concello de Ourol, en sesión extraordinaria celebrada pola Comisión de Goberno o día 1 de xuño de 2001, prestou aprobación ás bases que rexerán a convocatoria para cubrir mediante concurso-oposición, por promoción interna, unha praza correspondente á escala de Administración xeral, subescala administrativo, vacante no cadro de persoal incluído na oferta de emprego público para 2001.

As referidas bases foron publicadas integramente no BOP nº 136, do 15 de xuño de 2001. De conformidade coas devanditas bases, establécese un prazo de vinte días naturais para a presentación de instancias no rexistro xeral do Concello de Ourol -os cales se computarán a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado- ás cales deberá xuntarse a documentación que se esixe nas bases da convocatoria aprobadas para o efecto.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse integramente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Ourol, 20 de xuño de 2001.

Guillermo Salgueiro Abad

Alcalde