Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador P-C-01/4 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador e por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Que así memso, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretario a Carlos Márquez Carrera; o que se notifica, para ós efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento da tramitación do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Pontevedra, 22 de xuño de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: caza P-C-01/4.

Denunciado: Celso Carballo Leiro, enderezo avda. de Pontevedra, 51, 36940 Cangas do Morrazo.

DNI: 35279221.

Feitos denunciados: cazar no couto de Cangas PO-10145 sen permiso.

Data do acordo da incoación: 24-4-2001.

Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Sanción: 100.001 pesetas (601,02 euros).

Inhabilitación: retirada da licencia e inhabilitación para obtela durante 1 ano e un día.

Expediente: caza P-C-01/5.

Denunciado: David Fernández Rodríguez, enderezo: As Cernadas, Lira, 36459 Salvaterra de Miño.

DNI: 34871915.

Feitos denunciados: cazar en terreos sometidos a réxime cinexético especial perfectamente sinalizado, aínda cando non obtivese ningunha peza, sen estar en posesión do correspondente permiso.

Data do acordo da incoación: 24-4-2001.

Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Sanción: 100.001 pesetas (601,02 euros).

Inhabilitación: retirada da licencia e inhabilitación para obtela durante 1 ano e un día.

Expediente: caza P-C-01/16.

Denunciado: Gonzalo Piñeiro Fernández, enderezo: estrada da Sobreira, 10, Valadares, Vigo.

DNI: 36035111.

Feitos denunciados: cazar unha zona de seguridade, vía pública denominada Camiño As Valadas, Valadares, próxima a vivendas (a menos de 50 m).

Data do acordo da incoación: 3-5-2001.

Precepto infrinxido: artigo 58.33º da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 pesetas (601,02 euros).

Inhabilitación: retirada da licencia e inhabilitación para obtela durante 1 ano e un día.

Expediente: caza P-C-01/24.

Denunciado: Manuel Angustia Rubianes, enderezo: O Lameiro, Cea, 36600 Vilagarcía de Arousa.

DNI: 35420152.

Feitos denunciados: transitando pola zona coñecida como Monte da Marquesa con cinco cans de caza, sen evitarlles molestias ás pezas de caza.

Data do acordo da incoación: 21-5-2001.

Precepto infrinxido: artigo 57.12º da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Sanción: 10.000 pesetas (60,10 euros).