Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 128/2001.

En cumprimento do disposto no artígo 93.2º do RDL 2/2000, de 16 de xuño, de contratos das administracións públicas, e no artígo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) no seu artígo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, esta Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña acorda darlle publicidade á adxudicación dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña; As Xubias de Arriba, 84; 15006 A Coruña.

2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso.

3. Obxecto do contrato, número CPA: concurso público 128/2001, subministración de determinacións de gasometrías.

Cantidades: indicadas no modelo de proposición económica adxuntado na documentación facilitada.

4. Data de adxudicación do contrato: 13-6-2001.

5. Criterios de adxudicación do contrato: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Ofertas recibidas: catro.

7. Nome e dirección do provedor o provedores:

Lote 1: Radiometer Ibérica, S.A.; P.E. San Fernando de Henares, edificio Japón I, avda. de Castilla, 2; 28830 San Fernando de Henares-Madrid (España).

8. Prezo pagado:

Lote 1: 48.789.673 pesetas (293.231,84 euros).

9. Valor do contrato que pode ser obxecto de subcontratación:

10. Outras informacións:

11. Data de publicación do anuncio do contrato no BOE, DOCE e no DOG:

BOE: 14-4-2001.

DOCE:

DOG: 6-4-2001.

12. Data de envío do presente anuncio: 28 de xuño de 2001.

13. Data de recepción do presente anuncio: en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do

procedemento administrativo común, de 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 20 de xuño de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña