Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.410

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de xullo de 2001 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado System de Lugo, para imparti-los ciclos formativos de grao superior de Administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas.

Examinado o expediente instruído por instancia de José Carlos Figueroa Dorrego, no que se solicita autorización para a apertura e funcionamento do centro privado System de Lugo, para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de Administración de sistemas informáticos en quenda de mañá e o ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de tarde-noite.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31-

1-2000) pola que se regulan determinados aspectos

relativos a autorización de centros privados exclu-

sivos de formación profesional específica na Comuni-

dade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995,

do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autoriza-

ción de centros docentes privados para impartir ensi-

nanzas de réxime xeral non universitarias e a Or-

de do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de de-

cembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro privado System de Lugo, para imparti-los ciclos formativos de grao superior de Administración de sistemas informáticos e desenvolvemento de aplicacións informáticas, segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado para imparti-las ditas ensinanzas.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revi-

sión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: r/ Rafael de Vega, nº 12-baixo.

Código do centro: 27020665.

Denominación: centro privado System.

Titular: F y Q Asociados, C.B.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: informática.-Quenda de mañá: 1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 20 postos escolares/unidade).-Quenda de tarde-noite: 1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 alumnos/unidade).