Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO.

O Pleno deste Concello, mediante acordo do 30-5-2001, acordou a modificación puntual nº 2/2001 do PXOM de Verín, segundo a proposta presentada pola oficina municipal de Xestión Urbanística, modificándose o plano de ordenación B-122 e introducindo un novo artigo 136 bis nas normas urbanísticas do PXOM, que contén a ordenanza especial de protección do solo rústico no lugar do Campo dos Remedios; así como, consonte o disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia (LSG) sometelo a información pública durante o prazo do mes seguinte á publicación deste anuncio no DOG para que os interesados o examinen e formulen as alegacións en relación coas pre

visións que contén, para o que teñen ó seu dispor o devandito documento nas oficinas municipais en horario normal de oficina.

A través do mesmo acordo, o Pleno, a teor do disposto no artigo 34 da LSG, aprobou a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias nos seguintes supostos:

-Na zona comprendida na ordenanza especial de protección do solo rústico do Campo dos Remedios, de nova creación, delimitada no plano de ordenación B-122 da modificación puntual inicialmente aprobada.

A suspensión a que se refire este punto extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento e, en todo caso, a súa duración máxima non poderá ser superior a un ano, contado a partir da data do acordo de aprobación inicial.

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento da normativa citada.

Verín, 30 de maio de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde