Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

Neste concello tramítase o proxecto de compensación do polígono 01 dentro da área de reparto-29 por instancia de Construcciones Limia, S.L. e a través do procedemento de propietario único conforme o disposto nos artigos 133.1º da Lei do solo de Galicia e 157.3º do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

En cumprimento do disposto no artigo 133.8º da Lei do solo de Galicia, en relación co artigo 102.4º da mesma norma, acórdase o sometemento a información pública do citado proxecto de compensación durante un prazo de 20 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, prazo durante o cal o expediente poderá ser consultado na secretaría deste concello para que calquera persoa interesada poida presentar alegacións.

Verín, 12 de xullo de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde